VÍDEO.- A Coral Polifónica de Campo Lameiro sementa ánimo entre a veciñanza
Por Redacción
A Coral Polifónica de Campo Lameiro fixo público esta fin de semana un vídeo que intenta levantar o ánimo da veciñanza do seu municipio cunha mensaxe optimista que axude durante o confinamento obrigado para frear o coronavirus. "Volveremos sementar", advirte nada máis empezar e, a partir de aí, mestura declaracións dos seus integrantes coa interpretación colectiva da canción 'Sementar Sementarei', de Fuxan os Ventos.
Tal e como explica María Teresa Ferrón Valiño, representante da Coral Polifónica, os compoñentes da agrupación musical buscan achegar aos seus veciños que se atopan nas súas casas durante a corentena "un vídeo colectivo feito con cariño e cheo de esperanza". Ten como fío de unión a música de Fuxan os Ventos e o seu famoso 'Sementar Sementarei' porque "serve para expresar o noso respecto pola sabedoría dos nosos maiores".
A agrupación tira de sabedoría popular para trasladar á poboación mensaxes de ánimo como "nunca choveu que non escampara", "ao mal tempo, boa cara" ou "se nos cerran unha porta, pois abrimos unha ventá", pois están convencidos de dúas cousas: que "os mellores consellos son os dos nosos vellos" e que "volveremos a cantar xuntos".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O cura de Campo Lameiro pide axuda aos Reis Magos, Peppa Pig e os Minion para loitar contra o coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Alcalde e edís de Campo Lameiro doan o seu salario para mercar unha sulfatadora
Por Redacción |
-
Máscaras para todos en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Debuxos saudables para conmemorar telemáticamente o Día Mundial da Saúde
Por Redacción |
-
Chega a festa a Carballedo: San Roque e San Antón están aquí
Por Redacción |