O Museo de Pontevedra apúntase aos retos das redes sociais e anima a recrear cadros
Por Redacción
O confinamento decretado para combater a pandemia do coronavirus fai que moitas persoas teñan moito tempo libre que non saben en que investir, para vencer ao aburrimento o Museo de Pontevedra únese á moda dos retos en redes sociais e anima á cidadanía para recrear obras de arte.
#MírateNoEspello é a etiqueta para compartir as fotografías nas que os participantes deben inmortalizarse fronte ao espello representando algunha escena artística. Trátase dunha iniciativa que xa puxeron en marcha outros museos como o Museo Nacional de Ámsterdam ou o Getty de Los Ángeles.
A elección do cadro é libre, pero desde a institución establecen tres categorías: en solitario, en parella ou en familia. A única condición é non facer uso de herramientos dixitais de edición de imaxes. "Hai que imaxinar e reproducir a escena, o ambiente e as personaxes da forma máis fiel posible coas cousas, persoas ou mascotas que haxa na casa", detallan desde a Deputación.
Os promotores da iniciativa lanzan algunhas propostas de pezas galegas que poden contemplarse nas salas do museo como ‘Señora con sombreiro’, do marinense Manuel Torres; ‘O xantar’, do ourensán Silvio Fernández Rodríguez-Bastos; e ‘O cego de Padrenda’, de Castelao.
Relacionadas:
-
As redes sociais do Museo de Pontevedra permitirán visitar as instalacións "a porta pechada"
Por Redacción |
-
Proba a facer pasatempos sobre a colección de Prehistoria e historia antiga do Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cando cansas de ver Netflix e decides pintar a vivenda en tempos de confinamento
Por Anxo Lourido |
-
Ángeles Alvariño é a quinta protagonista da iniciativa didáctica 'Aprende coas Mulleres Galegas'
Por Redacción |
-
Cancelada a terceira edición do festival infantil e xuvenil 'O Museo de Pontevedra en curtametraxes'
Por Redacción |
-
A Biblioteca de Pontevedra e o Museo Massó súmanse ao Día do Libro online
Por Redacción |
-
Xogando co Museo a buscar as dez diferencias en obras de Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo invita á rapazada a personalizar as pezas da mostra "Debuxantas"
Por Redacción |