A música tamén pode aprenderse online e a Escola de Marín está a demostralo
Por Redacción
A Escola Municipal de Música de Marín mantén a súa actividade durante o estado de alarma grazas ás novas tecnoloxías e deste xeito, desde o 13 de marzo cando se suspendeu o ensino presencial, as clases continúan impartíndose a través de sistemas online.
Deste xeito, o alumnado puido continuar mantendo contacto cos diferentes profesores e realizando as súas prácticas cos seus instrumentos na casa baixo o control docente.
Segundo indican desde a Escola MusiMarín inicialmente xurdiron dificultades técnicas que se foron resolvendo co paso dos días e agora son numerosos os estudantes que están realizando a formación a través deste método.
Actualmente, o profesorado imparte clases musicais por vía telemática a 46 estudantes matriculados en diversas materias.
Relacionadas:
-
Marín eleva xa a 6.000 as unidades de máscaras repartidas entre as farmacias do municipio
Por Redacción |
-
O 82% do alumnado ten limitacións para comunicarse cos seus profesores, cunha maior afectación no ámbito rural
Por Redacción |
-
Clases de ximnasia online cos monitores de Bueu para levar mellor o confinamiento
Por Redacción |
-
O xadrez, único deporte que burla ao coronavirus
Por Redacción |