As librarías e os museos, os primeiros en abrir no sector cultural; cines e teatros terán que esperar
Por Alejandro Espiño
A cultura tamén está entre os plans deseñados polo Goberno para afrontar a desescalada do confinamento. E, a este respecto, as librerías serán as primeiras en retomar a súa actividade. Farano, xunto co comercio, a partir do 11 de maio.
Terán que facelo, como o resto de establecementos, baixo estritas medidas de seguridade e reducindo o seu aforo. quedan fóra desta apertura, as librerías de centros comerciais.
Esa mema data é a elixida, por exemplo, para os museos. Iso si, cun tercio do seu aforo e controlando aglomeracións nas salas.
Se se cumpren os obxectivos sanitarios, o resto do sector cultural regresará ao traballo na fase dúas desta desescalada, prevista para o 25 de maio.
Así, segundo explicou Pedro Sánchez, esa será a data na que reabran as súas portas os cinemas e os teatros. Deberán facelo cun terzo do seu aforo, como máximo, e colocando aos seus espectadores en butacas preasignadas de antemán.
Ademais, tamén se autorizarán as visitas a monumentos, salas de exposicións e salas de conferencias, que tampouco poderán exceder un 30% do seu aforo.
Os espectáculos culturais baixo teito -salas de concertos entre elas-, pola súa banda, estarán reservados a un máximo de 50 persoas, sempre que esta cifra non supere o terzo do aforo, e os que se organicen ao aire libre poderán reunir a 400 persoas, pero todos sentados.
Relacionadas:
-
'El escándalo' da Fox News e dous elfos adolescentes queren chegar ao cine de Seixo esta fin de semana
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Reabre o Arquivo Municipal con condicións estritas para consultar documentos
Por Redacción |
-
Galicia, abocada a un verán sen verbenas: "É un desastre", afirman as orquestras
Por Alejandro Espiño |
-
O Museo propón xogar coa ‘vestimenta’ das súas obras de arte
Por Redacción |
-
Velorios e vodas poderán celebrarse, con certas restriccións, a partir de mediados de maio
Por Alejandro Espiño |
-
A reapertura dos ximnasios será progresiva, cun tercio do aforo e sen vestiarios
Por Alejandro Espiño |
-
Negocios con cita previa, como salóns de peiteado ou fisioterapeutas, poderán abrir a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
O lecer nocturno, pubs e discotecas, entre os últimos en retomar a súa actividade
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá baños na praia, como mínimo, ata mediados de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
As visitas a casa de familiares e amigos, se viven na mesma provincia, serán posibles desde o 11 de maio
Por Alejandro Espiño |
-
Comercios, hoteis e bares con terraza abrirán o 11 de maio; restaurantes, a finais de mes
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá clases presenciais ata setembro e os colexios só abrirán "como excepción"
Por Alejandro Espiño |
-
Sánchez sitúa a "nova normalidade" a finais de xuño tras unha desescalada en catro fases
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno autorizará paseos e saír a facer deporte a partir do 2 de maio se se contén a pandemia
Por Natalia Puga | Creada e actualizada