‘Afundacion en casa’ ofrece unha conferencia sobre neuroeducación e unha análise de pezas artísticas
Por Redacción
‘Afundacion en casa’ continúa coas súas iniciativas a favor da difusión do coñecemento e da cultura para todos os públicos e tendo en conta unha variedade de intereses.
O mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, o psicólogo e profesor Rafael Guerrero realizará unha sesión dirixida a nais, pais e docentes para axudarlles a colaborar cos pequenos á hora de xestionaren dun xeito saudable as súas emocións, especialmente en momentos tan excepcionais coma este.
‘Neuroeducación. Claves para a xestión das emocións’ é o título desta nova proposta da Obra Social de ABANCA que se poderá seguir desde a páxina dos ‘Directos de Afundación en casa’ e que se enmarca no programa de conferencias e charlas de Afundación, ‘Educación século XXI’.
Rafael Guerrero é doutor en Ciencias da Educación. Licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid, onde imparte clases. É experto en trastorno por déficit de atención con hiperactividade, trastornos da aprendizaxe e da conduta. No seu labor divulgativo, é colaborador do xornal El País e habitual relator en congresos nacionais e internacionais. Ademais, é formador de profesores e pais en numerosos colexios e centros educativos de España.
Otra das propostas de ‘Afundacion en casa’ para os próximos días vén da man do programa ‘A colección en casa’. Nesta ocasión e con motivo da apertura na Sede Afundación A Coruña o pasado 12 de marzo da mostra ‘Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación’, a comisaria, Mercedes Rozas, elaborou unha serie de estudos analíticos que, de xeito sintético e en forma de vídeos, analizan algunhas pezas escolleitas desa mostra.
Ciria, Daniel Canogar, Manolo Valdés, Mersad Beber e Soledad Sevilla son os autores cuxas obras se estudan neste proxecto. A análise sobre a peza de Daniel Canogar, Otras geologías (2007), xa está dispoñible na web de ‘A colección en casa’.
Relacionadas:
-
Homenaxe á cociña tradicional galega con teatro na casa a través de Afundación
Por Redacción |
-
Celebración do Día Internacional da Danza por partida dobre en Afundación en casa
Por Redacción |
-
"Afundación en casa" celebra o día do Libro cunha morea de actividades
Por Oskar Viéitez |
-
Historietas online a través de 'A hora do cómic cultural'
Por Redacción |