Comeza unha homenaxe a Carvalho Calero a cargo do departamento de Lingua da Deputación
Por Redacción
As redes sociais da Deputación de Pontevedra proxectarán ao longo desta semana na que se celebra o Día das Letras Galegas unha selección de 24 vídeos de autoras e autores da provincia, que se encargarán de ler fragmentos de obras de Ricardo Carvalho Calero, o escritor homenaxeado neste 2020.
O departamento de Lingua da institución provincial pon en marcha un programa de actividades baixo o lema "A nosa lingua é a nosa identidade" coa intención de poñer en valor o galego como parte de toda a vida e do ser Galicia como país.
A deputada María Ortega, responsable deste departamento, sinala que esta campaña promocional realízase coa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A iniciativa realízase esta semana aínda que os actos oficiais das Letras Galegas desprázanse a outubro ante a situación de estado de alarma derivada da expansión do coronavirus.
Ao longo destes días, as redes sociais e a páxina web da Deputación difundirán estes fragmentos coa lectura de obras do creador ferrolán a cargo de Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro, Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lourenzo, Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Tamara Andrés, X. Rodríguez Álvarez, Montse Fajardo, Xosé Luna, Susana Sánchez Arins, Xosé Daniel Costas, Lucía Novas, Álex Alonso, Iria Misa, Cruz Martínez, Nee Barros, Ramón Nicolás, Macamen Alonso, Marta Dacosta e Elena Gallego.
Relacionadas:
-
A Deputación organiza un percorrido pola figura de Carvalho Calero cheo de poesía, música e erotismo
Por Oskar Viéitez |
-
O Arquivo reúne títulos, artigos e audiovisuais relacionados con Carvalho Calero
Por Redacción |
-
Os narradores e poetas de Marín terán o seu recoñecemento o Día das Letras Galegas
Por Redacción |
-
O Concello inviste 20.000 euros en librerías pontevedresas para difundir a obra de Carvalho Calero
Por Redacción |
-
160 expresións e refráns para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero
Por Redacción |
-
'Caramomia' ou como escribir unha novela xuvenil interactiva a oito mans
Por Redacción |
-
Castelao é o protagonista do Día do Libro no Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta distribúe 550 libros nos hospitais públicos da área sanitaria
Por Oskar Viéitez |