Os narradores e poetas de Marín terán o seu recoñecemento o Día das Letras Galegas
Por Redacción
A entrega de premios da XVI edición do Premio de Narración Curta que organiza o Concello de Marín segue posposta ata que as circunstancias ás que obriga a pandemia, permítano. Mentres tanto, a celebración do Día das Letras trasládase ao ámbito telemático e a Concellería de Cultura vai substituír a entrega de premios por unha homenaxe a todas as persoas que foron recoñecidas con este Premio.
Así, fíxose unha recompilación con extractos de textos, en prosa e verso, de todas as persoas que ao longo das vinte e cinco edicións anteriores foron premiados. Poderase ver e descargar o vindeiro domingo nas redes sociais e a web do Concello de Marín.
Tamén se difundirán dous vídeos que estiveron preparando profesores e alumnos do Coro e a Escola Municipal de Música coas composicións de 'A Rianxeira' e 'A saia da Carolina'.
E para completar as propostas con motivo do Día das Letra Galegas a Biblioteca Municipal Vidal Pazos, que está a facer recomendacións de libros, tamén a través de redes sociais, co hagstag #QueLeMarín?, propoñerá títulos en galego.
Neste contexto, os préstamos físicos están suspendidos, pero pódense realizar dixitalmente no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Relacionadas:
-
O Concello inviste 20.000 euros en librerías pontevedresas para difundir a obra de Carvalho Calero
Por Redacción |
-
Poio Cultura ofrece xa diversas propostas virtuais para participar no Día das Letras
Por Redacción |
-
160 expresións e refráns para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero
Por Redacción |
-
Comeza unha homenaxe a Carvalho Calero a cargo do departamento de Lingua da Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo recolle expresións propias e refráns para conmemorar o Día das Letras Galegas
Por Redacción |