Punto e final ao Salón 'virtual' do Libro despois de 73 días de actividade
Por Redacción
A edición presencial máis breve do Salón do Libro, obrigado a cerras as súas portas ao público seis días despois de abrir pola alerta sanitaria polo coronavirus, deu paso á máis longa, que se realizou de maneira virtual.
Ao longo de dous meses, do 17 de marzo ao 17 de maio, máis de 155.000 persoas (de España, Portugal, Lima, México, Londres, etc.) seguiron as publicacións exclusivas emitidas a través das redes e web do Salón, grazas ás cales, a organización puido manter os contratos coas actividades xa programadas e non sufriron cancelacións.
Da mesma maneira, os recursos facilitados polo Salón foron compartidos preto de 1.500 veces por particulares, pero especialmente por institucións como Concellos, bibliotecas ou centros escolares, que agradeceron a conversión do formato, a calidade dos contidos e o apoio ao sector cultural.
Segundo traslada o Concello, algunhas destas publicacións e contidos, serán retirados das redes e da web, pero a maior parte deles permanecerán alí como recurso de formación entretemento para pequenas e familias e lembran que todos os venres das próximas semanas (ata o 12 de xuño incluído), celebraranse as 4 sesións restantes da Escola Virtual de Lectura para Familias Curiosas que contará con Uxía Senlle, Reviravolta, Luz Gallego de Seijas e María Lado.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Carme Fouces, no seu discurso de despedida, quixo manifestar o seu agradecemento ás persoas que fixeron posible levar a cabo esta edición e ás que están a traballar na edición do 2021 que "esperamos poida ser presencial e compensar un pouco a excepcionalidade desta".
Por último, a participación neste Salón do Libro tan diferente, tamén quedou patente polas máis de 150 cartas que lle chegaron a Orbil, que el respondeu de maneira personalizada. Todas elas, xunto coas que se entregaron fisicamente na urna do salón durante os seis días que durou a súa apertura, participarán no sorteo de 20 lotes de libros e xogos en galego que terá lugar este domingo no Facebook do Salón, onde se publicarán os gañadores e gañadoras coas súas cartas e debuxos.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro volta en marzo do 2021 para salvar o planeta coa axuda dos libros
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Sara Castro leva ao formato de libro electrónico a "Rocío a pinga de auga"
Por Marisa Ciordia |
-
As Palmeiras, escenario da terceira edición da Troca de Libros
Por Redacción |
-
O Salón 'virtual' do Libro pechará a súa edición o Día das Letras Galegas co RockLab
Por Redacción |
-
Escola de Lectura para Familias Curiosas terá sesións todos os venres ata mediados de xuño
Por Redacción |
-
O Salón do Libro celebra o Día da Danza cun espectáculo virtual da compañía Pesdelán
Por Redacción |
-
Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil para aliviar o confinamento
Por Redacción |