Homenaxe á cociña tradicional galega con teatro na casa a través de Afundación
Por Redacción
Afundación en casa ofrece unha nova obra do ciclo 'Teatro para toda a familia', unha iniciativa na que se busca a través de diversos espectáculos divertir, entreter e ensinar ao público familiar durante este período de confinamento.
Este venres 22 de maio prográmase a terceira obra deste programa. Trátase de 'Bon Appétit', unha obra da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Esta montaxe ofrécese en clave de comedia con elementos de clown.
A historia céntrase en tres chefs de cociña, Antua de la Sardiní, Philip de Toucignon y Fransuá de la Berenxem, que ofrecen os segredos da comida tradicional galega. Para este espectáculo, a compañía utiliza como referencia a obra de Álvaro Cunqueiro de 1973 na que ofrecía información sobre os pratos gastronómicos de Galicia e das mellores materias primas do receitario.
Tamén se contempla para este xoves 21 de maio a partir das 17.00 horas un taller de teatro infantil online coa compañía que realiza o espectáculo.
A obra e o obradoiro pódense seguir de maneira gratuíta a través de Afundación en casa, un portal web de acceso libre, creado a pedimento de Abanca e a súa obra Social. Nesta páxina sóbense contidos relacionados coa actividade cultural desenvolvida por Afundación.