Actividades para grupos reducidos nas parroquias, proposta para reactivar o sector cultural en Poio
Por Redacción
Raquel Rodríguez, concelleira de Cultura, mantiña unha reunión con representantes de colectivos locais e artistas do municipio na sala de plenos do Concello de Poio para analizar os pasos a dar unha vez que finalice o estado de alarma e se retomen as actividades culturais durante os meses de verán.
A intención do goberno local é que se impulsen plans para dar visibilidade ao sector cultural e artístico local promovendo as súas propostas. Tratouse a posibilidade de levar a cabo fórmulas para dinamizar a oferta lúdica e cultural en todas as parroquias do municipio.
No caso destas actuacións realizaríanse de maneira adaptada á nova realidade, destinadas a públicos reducidos, con limitación de entrada. Raquel Rodríguez sinalou que a idea do Concello é promover esa difusión cultural en distintos puntos das parroquias para que as persoas eviten desprazamentos.
Ademais do mesmo xeito que se está facendo coa programación das Festas de San Xoán, a prioridade é impulsar ás agrupacións culturais e artistas locais. A concelleira indicou que desde o departamento municipal que lidera van ofrecerse guías de actuación á hora de organizar actividades e colaborarase en todo o que se poida para garantir a seguridade sanitaria de calquera iniciativa que se desenvolva por parte das entidades culturais.
Relacionadas:
-
O gaiteiro Óscar Ibáñez e Xabier Díaz reiniciarán o verán musical en Poio a vindeira semana
Por Redacción |
-
As Festas de San Xoán estenderanse por toda a parroquia
Por Oskar Viéitez |
-
Xa está aberto o prazo para presentar carteis ao #SanXoanPoio2020, o concurso virtual das festas
Por Redacción |
-
Poio abrirá o mércores o prazo de solicitudes para a realización de cacharelas privadas
Por Redacción |
-
Os artistas locais serán os protagonistas das festas de San Xoán de Poio
Por Redacción |