A quinta edición do festival Novos Cinemas abre o prazo de presentación de obras
Por Redacción
A quinta edición do festival Novos Cinemas ponse en marcha. A organización abriu este luns o prazo de presentación de obras audiovisuais que serán estudadas para a súa selección nun festival que este ano terá lugar entre o 15 e o 20 de decembro en Pontevedra.
O evento está pensado como un certame de cinema aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional (Oficial e Latexos). Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e serán admitidos tamén aqueles traballos estreados despois do 1 de xaneiro do 2020 sempre que non fosen estreados comercialmente en España nin exhibidos en circuítos de televisión no momento da súa inscrición ao concurso.
O período de admisión de películas estenderase desde o 22 de xuño ao 10 de setembro.
Na próxima edición do festival, a organización concederá cinco premios. O principal será o galardón Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial dotado con 2.000 euros. O segundo, Premio Xurado Novo, concederao un xurado formado por estudantes universitarios do Campus de Pontevedra consistente nunha bolsa de 500 para o director da obra. O premio da Crítica á mellor longametraxe concederao un xurado de críticos de cinema profesionais.
Mentres que o gañador do premio Latexos decidirano representantes da Cooperativa Numax, a cooperativa Zumzeig e o Círculo de Belas Artes. O premio consiste na exhibición comercial da película na salas de Santiago, Barcelona e Madrid que teñen estas institucións.
Co obxectivo de fomentar a presenza e participación de espectadores, entregarase tamén o premio do Público que se decidirá mediante a votación dos asistentes a través dunha media da cualificación que faga cada un das obras.
Relacionadas:
-
Novos Cinemas daralle ao cineasta Luis López Carrasco o seu primeiro recoñecemento en solitario
Por Redacción |
-
Isona Admetla, Sergi Moreno, Silvia Lobo e Pepe Coira: asesores do Novos Cinemas #LAB
Por Redacción |
-
Deputación manterá as axudas aos festivais de cinema, que se adían ao último cuadrimestre do ano
Por Redacción |
-
Estudan a fórmula máis axeitada para celebrar o festival Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Os festivais de cine de Pontevedra agruparanse baixo unha marca conxunta
Por Redacción |
-
A francesa 'Ne croyez surtout pas que je hurle', gañadora da edición 04 de Novos Cinemas
Por Redacción |