As Ruínas de San Domingos volven abrir para acoller visitas
Por Anxo Lourido
En maio de 2019, as ruínas de Santo Domingo pechábanse coa prohibición ao acceso de visitas. A aparición dunha fenda provocaba este peche que se prolongou durante máis dun ano debido a cuestións de carácter administrativo, segundo recoñecía o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.
Nas últimas horas, o Museo de Pontevedra anunciaba a apertura a partir deste martes 30 de xuño das instalacións. Segundo sinalan poderase volver percorrer o interior para apreciar a cabeceira gótica de cinco ábsidas e contemplar os restos arquitectónicos e escultóricos desta igrexa e convento que se construían nos séculos XIV e XV.
Este Monumento Nacional, que forma parte do Museo de Pontevedra, conta con numerosos vestixios artísticos que se conservan no seu interior. Anteriormente a este peche, as instalacións tamén se mantiveron pechadas durante tres anos debido ás obras de consolidación das estruturas, especialmente o rosetón, para evitar posibles desprendementos. Volvían abrirse ás visitas a mediados de 2017.
Relacionadas:
-
A burocracia frea a reapertura das ruínas de San Domingos
Por Oskar Viéitez |
-
As ruínas de San Domingos pechan para tratar unha fenda na parede do instituto Valle Inclán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Máis de 4.000 visitantes en dúas semanas nas ruínas de San Domingos
Por Redacción |
-
As ruínas de San Domingos, abertas ao público tres anos despois
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |