O FICBUEU contará cun maior número de pases para compensar a redución de aforo polo Covid
Por Redacción
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, o FICBUEU, adáptase á 'nova normalidade' para a que será do 11 ao 19 de setembro a súa 13ª edición.
A intención, segundo sinalaron os seus organizadores nunha rolda de prensa celebrada este xoves 2 de xullo, é a de desdobrar as sesións das principais categorías dándolle cabida a un público dunhas 500 persoas por día á vez que se cumpre con todas as medidas de seguridade habilitadas polo coronavirus.
"As actividades do FICBUEU se van desenvolver de xeito íntegramente presencial, pois resulta clave retornar ás salas no contexto da nova normalidade", defendeu o director do certame, Manuel Pena.
Así, o Centro Social do Mar, cun aforo ao 50% que supón ao redor de 120 butacas, será o punto central do festival, para o que se intensificarán as tarefas de desinfección entre cada pase.
Desde o Concello de Bueu, o concelleiro Xosé Leal quixo "agradecer a valentía da organización por manter un evento deste tipo", á vez que garantiu un reforzo no " apoio loxístico" por parte da administración local.
O FICBUEU 2020 conservará a estrutura de anos anteriores pero reducindo actividades complementarias como charlas, concertos ou radio en directo.
Deste xeito o festival abrirá o venres 11 de setembro cun acto inaugural no que se estrearán os curtametraxes da área Social. Na fin de semana haberá proxeccións matinais das seccións Infantil e familiar, ademais de mesas redondas. Xa pola tarde, o sábado 12 e o domingo 13 concentraranse as tres secciones competitivas.
As 22 curtas da Sección Internacional proxectaranse do mesmo xeito que outros anos de luns a venres, pero no canto de dúas sesións diarias nesta ocasión serán catro.
Pola súa banda os curtos da Sección Escolas Internacionais poderán verse os días 17 e 18, en Bueu pero tamén por vez primeira na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
A programación complétase o sábado 19 coas Gala Escolas Galegas, unha actividade de cinema e música con Buster Keaton dirixida a público familiar, e a Sección Comedia, ademais de organizarse un encontro coa actriz Melania Cruz, que recibirá o Premio Cinema Galego 2020.
Relacionadas:
-
A directora Belén Funes, gañadora dun Goya con 'La hija de un ladrón', entre o xurado internacional do FICBUEU
Por Redacción |
-
A actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego do FICBUEU
Por Redacción |
-
59 dos 80 filmes seleccionados no FICBUEU 2020 estréanse en Galicia
Por Redacción |
-
Os festivais de cine de Pontevedra agruparanse baixo unha marca conxunta
Por Redacción |
-
O FICBUEU marca un novo récord coa asistencia de máis de 18.000 persoas
Por Redacción |