A Biblioteca municipal de Barro ingresa na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Xunta
Por Redacción
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, pertencente á Xunta, incorporou a este sistema organizativo á Biblioteca municipal do Concello de Barro, que realizara a solicitude para ingresar na rede.
Máis de 300 centros de toda Galicia forman parte da Rede de Bibliotecas e agora a Biblioteca de Barro poderá acceder aos beneficios que supón como subvencións para a adquisición de novos exemplares, formar parte do programa de xestión unificado e a dispoñibilidade do carné de usuario único para todos os centros que forman parte do organismo.
A Biblioteca de Barro conta con 31 postos de lectura e atópase dividida en seis secciones: hemeroteca, local, narrativa, xuvenil, infantil e libros informativos. As instalacións atópanse nun edificio que dispón dunha sala multiusos de case 150 metros cadrados, que tamén se emprega como salga de estudos e para a realización de diversas actividades.
O público infantil e xuvenil é o maioritario deste centro municipal. O fondo bibliográfico é de 8.200 libros, dos que 7.800 exemplares atópanse informatizados mentres que os outros 400 están en revisión. A maioría dos libros que forman parte do catálogo proceden de doazóns particulares.