O fotógrafo Javier Teniente ofrece imaxes espectaculares na mostra 'Fillos do océano' no Grove
Por Redacción
Javier Teniente é un fotógrafo que durante anos realizou viaxes por comunidades de pesca tradicional por todo o planeta. De aí obtivo unhas imaxes espectaculares dos cinco continentes nas que toda a vida ao redor do mar convértese na principal protagonista.
Afundación, Abanca e o Concello do Grove ofrecen esta mostra fotográfica ata o 29 de xullo no Espazo Museístico Salgadeiras de Moreiras, de martes a domingo en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas.
Baixo o título 'Fillos do océano', ao longo de setenta fotografas, obsérvanse os modos en que a poboación de países como, entre outros, India, Vietnam, Senegal, Madagascar ou Galicia realizan as súas prácticas de pesca artesanal.
Entre outros motivos, esta exposición alerta sobre a situación que sofren algunhas comunidades que dependen exclusivamente da pesca e que se atopan co esgotamento dos bancos pesqueiros e dos seus recursos mariños debido á sobreexplotación ou á contaminación das augas.