O modelo Rías Baixas Fest reinvéntase con espíritu "guerrilleiro" porque "non podemos vivir sen música"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Carmela Silva, presidenta da Deputación, presentaba este xoves 16 nos xardíns do Pazo provincial a edición singular do Rías Baixas Fest prevista para este ano marcado pola situación de crise sanitaria e avanzou que se está a traballar xa en toda a organización do ano 2021.
A presidenta provincial sinalou durante a súa intervención que estaba emocionada e realizou unha declaración de intencións "somos un pobo de guerreiras e guerreiros e non hai nada que poida cos nosos soños". Afirmou que o Rías Baixas Fest é unha marca que une moitas forzas e por iso a Deputación Provincial continuará apostando pola cultura "porque non podemos vivir sen música".
Nesta presentación atopábanse integrantes da organización dos festivais Atlantic Fest, SonRías Baixas, Vive Nigrán, Sin Sal Son Estrella Galicia, Revenidas e PortAmérica, ademais de representantes políticos dos gobernos locais de Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Redondela e Nigrán, onde está prevista que se desenvolva unha programación para este verán de microconcertos coa intención de fomentar os festivais de 2021.
"Este verán imos sorprender moito, e o que vai acontecer dará que falar", anunciou Carmela Silva para apuntar que as iniciativas deste ano mostrarán a capacidade de actuar en tempos difíciles sen abandonar o optimismo. Neste sentido, sinalou que os festivais chegarán tanto este ano como no próximo totalmente renovados pero continuando coa liña de poñer en valor a historia e a cultura galega.
Desde a Deputación indican que se irán presentando os eventos alternativos para este verán en próximas datas a través das redes sociais. A presidenta provincial sinalou que hai que ser referente internacional na creación de emprego no sector cultural, recoñecendo o esforzo que están a realizar as administracións públicas como a Deputación e os Concellos para apoiar a moitas familias que viven destes festivais.
A presidenta formalizou o patrocinio para os festivais de 2021 como unha aposta polos elementos fundamentais que promove o #RíasBaixasFest como natureza, patrimonio, gastronomía, paisaxes e tamén compromiso co medio ambiente e a igualdade. Dous dos organizadores dos festivais, Susana Laya e Jordi Lauren, explicaron que "a continuidade dos festivais é moi importante porque moitas familias viven deles. Temos moitas responsabilidades e imos afrontalas todas" e que esperan que esta paréntese sexa curto e retornarán con algo novo que superará os eventos realzados ata o de agora.
Relacionadas:
-
Trece días de festival en 'pequenas doses', aposta do Atlantic Fest para 2021
Por Alejandro Espiño |
-
O décimo aniversario de PortAmérica terá que agardar: aprazan o festival a 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Revenidas anuncia nova edición para setembro de 2021 e celébrao con tres showcookings
Por Alejandro Espiño |
-
Atlantic Fest presenta o vídeo da súa última edición marcada pola Covid e avanza na organización do próximo festival
Por Redacción |
-
De Vacas e Nelson Quinteiro abren este xoves o Revenidas "en conserva"
Por Redacción |
-
O Revenidas, ante a súa edición máis galega e cun formato "en conserva"
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest pon rumbo a 2021 cun concerto de La Bien Querida
Por Redacción |
-
Arco, Rayden e Mounqup, nun MicroSonRías "desechufado pero amplificado"
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación investirá 2,5 millóns de euros ata final de ano para "recuperar a cultura en vivo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os Rías Baixas Fest organizarán microconcertos nos meses de setembro e outubro
Por Oskar Viéitez |
-
O festival SonRías Baixas aprázase ata o verán de 2021 mantendo a Kase.O como cabeza de cartel
Por Diego Espiño |