Máis de 100 artistas e 20 agrupacións locais pasarán en agosto polo Cultura Quente 2020
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis deu a coñecer este xoves o seu programa cultural para o mes de agosto que se presenta este ano baixo o nome do emblemático festival Cultura Quente, adaptado totalmente ás circunstancias sanitarias da Covid-19.
Tras unha fantástica acollida á proposta neste mes de xullo que xa está a piques de rematar, en agosto pasarán polos diferentes escenarios do festival máis de 100 artistas e 20 agrupacións e compañías locais ou vinculadas dalgún xeito á vila termal nun cartel con preto de 40 actividades programadas nas que ademais de concertos e espectáculos musicais tamén terá lugar a 23 edición do certame de arte Kaldarte e diferentes actividades lúdicas infantiles.
A concelleira de Cultura, María López Buceta, foi a encargada de presentar a programación significando que "se trata da maior aposta por artistas e creacións locais da historia do festival".
"A filosofía desta edición é tamén a de espallar as actividades por diferentes puntos de Caldas co obxecto de favorecer a dinamización económica e social de toda a vila", dixo a responsable de Cultura.
A programación de agosto arranca o día 1 na Tafona coas actuacións de DJ Moe (22.00 horas) e Secho (23.00 horas). O domingo día 2 a Charanga Mil 9 encargarase de amenizar cun pasarrúas o “vermú de domingo”, mentres que o día 3 dará inicio o 23º certame de arte na rúa Kaldarte e continuarán as iniciativas de conciliación e ocio infantil no Fogar do Maior.
O programa continúa o día 6 co concerto do cuarteto de trombóns Las Varas nas Palmeiras (21.30 horas), mentres que o venres a mediodía terá lugar o paseo interpretativo do Kaldarte con saída da Fonte da Burga. Xa pola noite DJ Óscar preludiará o concerto de Jorgelina Plana e Sergio Ariel nas Palmeiras.
O sábado día 8 ás 11.00 no Paseo Román López iniciaranse os obradoiros infantís “Verán con Sentidiño” e as actuacións da noite enmarcadas no ciclo “Son Cileno” correrán a cargo de DJ Xaby e Miguel Froján e a súa banda na Praza das Palmeiras. O vermú do domingo 9 será amenizado polo grupo de gaitas As Espiñas e a actuación nas Palmeiras do Grupo de Danzas e Gaitas As Burgas.
Cultura Quente reanudarase o día 13 ás 12.00 cun pasarrúas de xigantes e cabezudos acompañados dos gaiteiros de As Espiñas que se repetirá os días 14, 15 e 16. A actuación do xoves noite no Campo da Torre corresponderá ao cuarteto de saxofóns Hemiolia, dentro do ciclo “Música da Escola”. A fin de semana seguirá chea de actividade con DJ Moe e Pablo Balseiro (22.00 e 23.00 horas do venres no Campo da Torre). O sábado 15 o grupo de metais Quinteto Terraza sumarase pola mañá aos xigantes e cabezudos e pola noite as actuacións terán lugar no Campo da Torre con DJ Óscar e o Concerto Musical Horizonte.
Xa o domingo 16 o vermú será amenizado por Fanfarria Furruxa e ás 20.00 a Carballeira acollerá o concerto do quinteto de percusión da Orquestra Clásica de Vigo correspondente ao ciclo da Deputación de Pontevedra Música no Ar.
O Cultura Quente 2020 pecharase cos concertos de Dúo Meraki (día 20 ás 21.30 fronte a Praza de Abastos), DJ Moe e Anecoid (día 21 ás 22.00 e 23.00 horas na Tafona) e os obradoiros infantís do Verán con Sentidiño o sábado 22 pola mañá no Paseo Román López, con concertos na Tafona ás 22.00 e 23.00 de DJ Xaby e Igloo, este último no marco do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Caldas fai balance dun Cultura Quente marcado pola pandemia
Por Redacción |
-
Cultura Quente bota o peche na Carballeira de Caldas cun concerto de música clásica
Por Redacción |
-
Meraki abre a última semana de Cultura Quente e Igloo pechará o festival
Por Redacción |
-
Caldas reforza o cartel dunha nova semana de "Cultura Quente" que coincide coas festas patronais
Por Redacción |
-
As festas patronais de Cuntis, escenario o 17 de agosto do regreso de Igloo
Por Redacción |
-
Caldas, desde outra perspectiva coas 20 interencións artísticas de Kaldarte
Por Redacción |
-
Cuarta semana do Cultura Quente en Caldas, coa música de Froján e Las Varas e arte na rúa con Kaldarte
Por Redacción |
-
Cuarta semana do Cultura Quente en Caldas, coa música de Froján e Las Varas e arte na rúa con Kaldarte
Por Redacción |
-
Trece salas da provincia acollerán ata outubro os concertos do programa Directos Xacobeo'21
Por Redacción |
-
Os cabezudos de Caldas, protagonistas dun vídeo artístico crítico co pensamento neoliberal
Por Redacción |
-
A Tafona de Caldas de Reis colle esta semana o relevo como emprazamento das propostas do 'Cultura Quente'
Por Redacción |
-
Cultura Quente retoma o xoves a súa programación tras unha primeira semana de notable acollida
Por Redacción |
-
Comeza o Festival Cultura Quente con sesión de contos para adultos, DJs e música local
Por Redacción |