Cuarta semana do festival Cultura Quente en Caldas, coa música de Froján e Las Varas e arte na rúa con Kaldarte
Por Redacción
O festival 'Cultura Quente' de Caldas de Reis prepara xa unha nova fin de semana de arte e música. Na súa cuarta semana, o protagonismo recaerá na praza das Palmeiras, que albergará a maior parte das actividades.
O ciclo 'Música da escola', protagonizado por música instrumental de artistas que comezaron na Escola Municipal de Música de Caldas de Reis, abre este xoves ás 21.30 horas o programa de actuacións co concerto do cuarteto de trombóns 'Las Varas', formado por 4 músicos pontevedreses profesionais que forman parte da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Filarmónica de Galicia, a Orquestra Xove da Cidade de Pontevedra, a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia ou a Banda de Música de Pontevedra.
O venres 7 a programación comezará ás 12.00 na Fonte da Burga, de onde partirá o paseo interpretativo do festival de arte público Kaldarte, que dende o pasado luns celebra en Caldas a súa 23 edición.
A partir das 21.00 nas Palmeiras, Dj Óscar dará paso a outro dos pratos fortes desta semana: o concerto de Jorgelina Piana e Sergio Ariel ás 22.00 horas. Este dúo presentará ao púlbico un estilo novo no seu repertorio, o indie.
O sábado pola mañá, no Paseo Román López, desenvolverase a primeira xornada de obradoiros infantís 'Verán con sentidiño', ao que poderán asistir un grupo máximo de 20 menores previa inscrición no eexistro do Concello. Esta iniciativa pretende fomentar o ocio educativo e o tempo libre activo das nenas e nenos dende unha perspectiva sanitaria segura e responsable.
Xa pola noite, Dj Xaby pinchará a partir das 22.00 horas na previa do concerto de Froján (23.00) enmarcado no ciclo Son Cileno. Froján é o proxecto coma cantautor do músico caldense Miguel Froján Castro, que despois de oito anos de traxectoria coma músico amateur, decide facer unha proposta musical baseada nas máis puras influencias do rock nacional.
A fin de semana pecharase de novo no Vermú de domingo, que desta volta volverá estar animado polos pasarrúas do Grupo de Gaitas As Espiñas e incluirá a actuación nas Palmeiras, ás 13.00 horas, do Grupo de Danzas e Gaitas As Burgas.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Miguel Froján: Un primeiro disco editado, pero ademais unha ilusión conseguida
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Cultura Quente bota o peche na Carballeira de Caldas cun concerto de música clásica
Por Redacción |
-
A novena edición do Festival Orixe comeza en Caldas adaptada ás limitacións sanitarias
Por Redacción |
-
Meraki abre a última semana de Cultura Quente e Igloo pechará o festival
Por Redacción |
-
Caldas reforza o cartel dunha nova semana de "Cultura Quente" que coincide coas festas patronais
Por Redacción |
-
Caldas, desde outra perspectiva coas 20 interencións artísticas de Kaldarte
Por Redacción |
-
Máis de 100 artistas e 20 agrupacións locais pasarán en agosto polo Cultura Quente 2020
Por Redacción |
-
Máis de 100 artistas e 20 agrupacións locais pasarán en agosto polo Cultura Quente 2020
Por Redacción |
-
A Tafona de Caldas de Reis colle esta semana o relevo como emprazamento das propostas do 'Cultura Quente'
Por Redacción |
-
Cultura Quente retoma o xoves a súa programación tras unha primeira semana de notable acollida
Por Redacción |
-
Comeza o Festival Cultura Quente con sesión de contos para adultos, DJs e música local
Por Redacción |