Os concertos de San Roque adiántanse ás 22.00 horas para axustarse ás novas medidas anticovid
Por Redacción
Os concertos previstos no programa das Festas de San Roque pasarán a celebrarse todos ás 22.00 horas e non ás 23.00 horas, como estaba previsto inicialmente. O Concello de Vilagarcía adoptou esta medida para adaptar as actividades previstas de lecer nocturno á normativa anti-covid.
O cambio iníciase xa este luns co concerto da Banda da Loba e tamén afecta o concerto de lírica de Loli Crespo e Luís Santana. Tamén ao de Marvan o mércores 19; ao de Brisa Fenoy, o xoves 20; o venres 21, a Guadi Galego; e o sábado 22 a Nacho Pérez Cuarteto.
Para acudir a estes actos é necesario reservar a entrada gratuíta na web www.woutick.es. Desta forma garántese a limitación de público e o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria.
Se o mal tempo continúa, o Concello tamén advirte que todos os concertos se trasladarán ao Auditorio de Vilagarcía. Da mesma forma, as actividades da Festaclown pasarían á praza da Peixería e os concertos Son da Casa ao Salón García.
Relacionadas:
-
Vilagarcía suspende o espectáculo pirotécnico e a Noite de Meigas polo avance do coronavirus
Por Redacción |
-
Kiko Veneno e Marwan encherán a capacidade do parque da Xunqueira nas festas de San Roque
Por Redacción |
-
Non haberá Festa da Auga en Vilagarcía pero si festexos por San Roque, adaptados ao Covid
Por Redacción |