O 27 de novembro comezará Culturgal cunha mensaxe clara: "En caso de emerxencia, cultura"
Por Redacción
Culturgal 2020 non fallará á súa cita en Pontevedra. Nesta ocasión lanzando o lema "En caso de emerxencia, cultura", nunha edición que virá marcada por importantes cambios para adaptarse ás necesidades do sector e á seguridade sanitaria de todos os participantes. A cita será entre o 27 e o 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Trátase da 13ª edición que este ano se presenta como un elemento fundamental para fomentar a estimulación de compra de produtos culturais. Xosé Aldea, director da Feira, sinala que este ano será un instrumento para todo un sector que padece de maneira directa as consecuencias da crise e do cesamento de actividades con cancelacións de programación.
A convocatoria de casetas e a programación abrirase a partir de mediados de setembro. A organización sinala que se reestruturará toda a actividade co obxectivo de que o evento sexa máis útil que nunca para o sector.
Pero ademais, haberá modificacións no acceso do público, cambios na circulación polos diferentes espazos e nos escenarios, ademais de axudas económicas na reserva de casetas.
Ademais, a organización sinala que a programación desta edición centrarase na novidade e no alcance das propostas en lugar de buscar unha cantidade masiva de espectáculos. Tamén se fomentará o formato online para chegar a máis público ao ser máis reducido o espazo para o público no Pazo da Cultura polas distancias de seguridade.
Relacionadas:
-
Culturgal 2020 abre o prazo para propoñer actividades para o seu programa oficial
Por Redacción |
-
Pontevedra crea un bono para que oito empresas da cidade teñan un stand de balde en Culturgal
Por María José Pita |
-
Culturgal 2020 abre o prazo de solicitude de casetas para estar no Pazo da Cultura entre o 27 e 29 de novembro
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Javier de la Torre: Imos pintar un rock and roll na Praza de Abastos
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |