O Principal retoma a súa actividade cultural co inicio do ciclo Amal en Ruta
Por Redacción & Mónica Patxot
Desde que a súa actividade cultural vírase interrompida pola pandemia da COVID-19, o Teatro Principal mantíñase pechado ao público. Pero o inicio do ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta permitiu reabrir estas instalacións. Iso si, con todas as medidas de seguridade.
A proxección da cinta documental Soufra, dirixida por Thomas Morgan, serviu como pistoletazo de saída para a programación cultural da nova tempada.
O aforo estivo limitado a un centenar de persoas, aínda que os responsables do Principal estiman que, tras realizar unha serie de medicións, pode chegar a alcanzar en próximas citas unhas duascentas persoas, a metade da súa capacidade habitual.
No caso de Amal en Ruta, o protocolo COVID-19 obrigaba a que o público reservase dúas butacas, unha para esa persoa e outra que debía quedar libre ao seu lado.
Ademais, xunto cunha entrada ordenada para evitar aglomeracións e dispensadores de xel hidroalcohólico na porta, o público debía permanecer sentado na súa butaca e coa máscara posta en todo momento.
Xunto co ciclo Amal en Ruta, que continuará toda a semana, o Principal acollerá tamén, a partir do próximo martes 14 de setembro, a programación habitual do Cineclube Pontevedra, coas películas que foron suspendidas en marzo pola COVID-19.
Relacionadas:
-
Películas de Michelangelo Antonioni, Angela Schanelec e Pedro Costa para o novembro do Cineclube
Por Alejandro Espiño |
-
Seis películas do mellor cine euroárabe nunha nova edición do ciclo Amal en Ruta
Por Alejandro Espiño |
-
O Cineclube volve ao Teatro Principal recuperando as sesións que tivo que cancelar en marzo
Por Oskar Viéitez |