De Vacas e Nelson Quinteiro abren este xoves o Revenidas "en conserva"
Por Redacción
Desde este xoves 10 ata o vindeiro domingo, a música e o espectáculo volverá a Vilaxoán a través do festival Revenidas. Nesta ocasión, trátase dun formato especial denominado "en conserva" coa adoción de todas as medidas sanitarias establecidas polos protocolos.
Este ano elimínase a acampada e tamén a sardiñada. Os concertos serán en diversos espazos con capacidade limitada, tanto os gratuítos como os os de pago. Ademais desenvolveranse actividades paralelas gratuítas pero coa necesidade de inscribirse previamente.
Esta edición comeza ás 20.00 horas deste xoves coa actuación de Nelson Quinteiro na praza Rafael Pazos. Ás 21.00 horas, De Vacas e Cuernicornios subiranse ao escenario Fest Galicia no porto de Vilaxoán, con escasas entradas dispoñibles durante a xornada deste mércores.
O sábado 12 a partir das 13.00 horas actuarán Quico Cadaval e Monoulious DOP no Concello de Vilagarcía, mentres que o domingo será a quenda da Gala de Circo Revenidas durante a sesión matinal. Pola tarde chegará a Gala Revenidas - Festivala, en colaboración co Soño de Lilith e con Lupe Blanco, Alba María, Suricar, Rebeca Santos e Aldaolado.
A estas actividades hai que sumar propostas complementarias coas actuacións de bandas locais e propostas como Redescubre Vilaxoán, con Xurxo Souto.
XOVES 10
> Praza Rafael Pazos (Acceso por orde de chegada)
20:00 NELSON QUINTEIRO
> Porto de Vilaxoán (Acceso con reserva previa en www.revenidas.com)
21:00 DE VACAS
22:45 CUERNICORNIOS
VENRES 11
> Praza Rafael Pazos (Acceso por orde de chegada)
18:00 PETER PUNK
20:00 PANDERETEIRAS "AVELAIÑA"
> Porto de Vilaxoán (De pago con entrada en www.revenidas.com)
21:00 ZELTIA
22:00 SÉS
SÁBADO 12
> Praza Rafael Pazos (Acceso por orde de chegada)
18:00 O MAGO PACO
20:00 GRAMOLA
> Parque Dona Concha (Acceso con reserva previa en www.revenidas.com)
13:00 QUICO CADAVAL
13:45 MONOULIOUS DOP
> Porto de Vilaxoán (De pago con entrada en www.revenidas.com)
21:00 DAKIDARRÍA
22:40 ORTIGA
DOMINGO 13
> Parque Dona Concha (Acceso con reserva previa en www.revenidas.com)
12:30 GALA DE CIRCO REVENIDAS
19:00 GALA REVENIDAS-FESTIVALA con SURICAR, REBECA SANTOS, ALDAOLADO, ALBA MARÍA E LUPE DE BERGANTIÑOS
> Praza Rafael Pazos (Acceso por orde de chegada)
21:00 Perseguidor
Relacionadas:
-
'Festivala: mulleres creando' sobe o pano este sábado cunha exposición sobre a saúde mental feminina
Por Redacción |
-
O modelo Rías Baixas Fest reinvéntase con espíritu "guerrilleiro" porque "non podemos vivir sen música"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Revenidas terá formato 'en conserva' en outono e apraza o festival a 2021
Por Alejandro Espiño |