Suspendido o Canteira Fest
Por Redacción
O Canteira Fest 2020, previsto para o 18 e 19 de setembro en Canteira de Paredes (Vilaboa), queda suspendido, segundo anunciaba a organización nas últimas horas. As causas atópanse na situación financieira porque sinalan que a axuda da Deputación de Pontevedra é de 3.150 euros cando solicitaran 10.050 euros.
Os organizadores afirman que, a pesar das axudas de entidades privadas, é necesario que as institucións públicas acheguen un maior investimento para manter a actividade cultural. Ademais, alegan que a Xunta de Galicia establece unha responsabilidade con penas punitivas elevadas sobre as persoas que organizan eventos destas características no caso de que se produza un caso de coronavirus no festival. Esta situación, ao ter en cuenta que a organización está formada por unha asociación de mocidade voluntaria, convértese noutro punto que leva adoptar a suspensión, segundo explican.
Indican que as entradas do Canteira Fest 2020 terán validez para o Canteira Fest 2021, previsto para o 17 e 18 de setembro do vindeiro ano. Por tanto, recomendan gardar as entradas adquiridas para o próximo ano, unha medida que axudará á organización dese evento.
No caso de que os compradores queiran que se lle devolva o importe íntegro, ao longo da semana recibirán tanto no correo electrónico como nas redes, a ligazón para solicitar esta devolución.
Afirman que o concerto de Xabier Díaz con As Adufeiras de Salitre, que promove o Concello de Vilaboa, está pendente de que se poida aprazar a outra data na que traballa o goberno local.