O Museo convida a coñecer online as Ruínas de San Domingos, o seu edificio máis antigo
Por Redacción
Este luns a sección a #aportapechada do Museo de Pontevedra ofrece nas redes sociais unha explicación sobre as Ruínas de San Domingos.
José Luis Ageitos Míguez, integrante do departamento de Educación da institución museística é o encargado de falar sobre aspectos da historia deste espazo tan querido e visitado no centro urbano e que se trata do edificio máis antigo dos seis que forman parte dos inmobles do Museo de Pontevedra.
O antigo convento da orde dos Dominicos que contaba cunha igrexa e cun convento coas características da arquitectura mendicante do gótico en Galicia. A estrutura da igrexa presenta cinco capelas, algo único en todo o territorio da comunidade, porque normalmente só construíanse tres ou unha.
A finais do século XVIII, os dominicos comezaron un proceso para reconstruír a arquitectura da igrexa co derrube da nave gótica para crear outra de estilo neoclásico. Pero estas obras tiveron que suspenderse en 1836 pola desamortización de Mendizábal, que provocou a marcha dos dominicos.
Relacionadas:
-
Un cepo de áncora romana aparecido na ría de Pontevedra, protagonista de A Porta Pechada do Museo
Por Redacción |
-
Un audiovisual 3D permitirá mellorar a experiencia da visita ás Ruínas de San Domingos
Por Redacción |
-
O Museo promove a difusión dalgunhas das súas máis valiosas pezas a través de #aportapechada nas redes sociais
Por Redacción |