Atlantic Fest presenta o vídeo da súa última edición marcada pola Covid e avanza na organización do próximo festival
Por Redacción
O Atlantic Fest tivo que reinventarse para "este tempo de pandemia". O evento presentou este mércores o seu vídeo promocional dunha edición marcada pola crise sanitaria titulado Atlantic Sessiones que pon en valor o territorio, as persoas produtoras e a gastronomía do Salnés para lanzar unha mensaxe optimista e llefo de positividade.
"Atlantic Sessions é un documental que supón unha acción exclusiva da organización do Festival coa Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, para a promoción do territorio de Arousa. Está protagonizado polo grupo musical León Benavente, que no audiovisual coñece o produto local, máis concretamente as ameixas, a través das mariscadoras de Amarcarril e das mulleres do sector da restauración. Así mesmo promociona a Illa de Cortegada cunha visita e unha actuación xunto á Ermida da Virxe dos Milagres recollida no vídeo", explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante o acto de presentación.
O obxectivo do vídeo, confesou a directora do festival, Susana Laya, "é ver a través ver a través dos ollos da xente que nos visita como é a experiencia de visitar a cidade por primeira vez".
Sobre a edición do 2021, Laya engadiu que o equipo xa está a traballar tanto na estrutura habitual de concertos como nun plan B por se continúa sen resolverse a emerxencia sanitaria.
"Queremos emocionar a moita xente para que o ano que ven haxa un Atlantic Fest coma sempre ou senón con un plan B porque imos seguir na resistencia, no optimismo e nas gañas de seguir sendo referencia musical dun turismo sostible, atractivo, ligado ao territorio e a cultura”, insistiu Silva.
Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, destacou o traballo dos organizadores, "máximos expoñentes do talento local e do sector cultural”, pola "reinvención do evento e o feito de non tirar a toalla".
Relacionadas:
-
Trece días de festival en 'pequenas doses', aposta do Atlantic Fest para 2021
Por Alejandro Espiño |
-
A ocupación hoteleira da provincia en setembro mellorou as previsións e situouse no 30%
Por Oskar Viéitez |
-
O Atlantic Fest pon rumbo a 2021 cun concerto de La Bien Querida
Por Redacción |
-
O modelo Rías Baixas Fest reinvéntase con espíritu "guerrilleiro" porque "non podemos vivir sen música"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os Rías Baixas Fest organizarán microconcertos nos meses de setembro e outubro
Por Oskar Viéitez |
-
O Atlantic Fest, aprazado ata 2021: "Facemos o único que temos na nosa man para axudar a combater á COVID-19"
Por Redacción |