"Un asunto privado", a primeira serie de Bambú para Amazon, gravarase en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Pontevedra volverá ser escenario de gravación para unha serie de televisión española. Bambú Producciones, que xa rodara na cidade parte de Fariña, apostou de novo pola Boa Vila para ambientar a súa nova aposta de ficción: Un asunto privado.
Esta serie de aventuras, ambientada na Galicia de finais dos anos 40, será emitida a través de Amazon Prime e conta entre os seus protagonistas con Aura Garrido (El ministerio del tiempo) e o actor francés Jean Reno (El profesional).
Segundo puido saber PontevedraViva, o plan de rodaxe da serie prevé que as gravacións en Pontevedra, que se realizarán en distintas localizacións do centro histórico da cidade, duren preto dunha semana.
Un asunto privado, que terá oito episodios dirixidos por David Pinillos e María Ripoll, foi creada por Ramón Campos, Gema R. Neira e a pontevedresa Teresa Fernández-Valdés. A través de Amazon Prime poderase ver en máis de 240 países de todo o mundo.
Descrita como unha "trepidante" serie de aventuras que mesturará "misterio, humor e acción", Un asunto privado narrará a historia de Mariña Quiroga (Aura Garrido), que se propón dar caza ao asasino en serie que axexa desde hai meses a súa cidade e faio coa axuda do seu fiel mordomo, Héctor (Jean Reno).
Xuntos loitarán contra todos os obstáculos para logralo e nin os prexuízos de xénero da época, nin a resistencia do novo comisario ou os intentos da nai de Mariña por casala, impedirán que finalmente descubran a verdade.
"Traballar cun elenco deste nivel e ter o selo de calidade de Bambú Producciones fainos confiar en que vai ser unha produción extraordinaria", sinalou a responsable de series orixinais de Amazon en España, María José Rodríguez, durante a súa presentación.
Teresa Fernández-Valdés, pola súa banda, explicou que "sempre soñamos con novos retos e grazas á aposta de Amazon o soño hoxe faise realidade".
"Non é sinxelo atopar o apoio e a alianza perfecta para levar a cabo un proxecto tan ambicioso e valente como este", comentou a produtora, que se mostrou segura de que o público "se vai a namorar desta parella de detectives tan bonita e peculiar".
Para ela, traballar con Jean Reno e Aura Garrido "é un verdadeiro luxo porque parece que Mariña e Héctor vivisen sempre dentro deles". Ademais, apuntou que ambos "teñen unha química espectacular e resultan moi atractivos como parella de detectives".
Relacionadas:
-
Así é "Un asunto privado", a serie de Amazon que Bambú gravou en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Teresa Fernández-Valdés: "Rodaremos Un asunto privado en Pontevedra ata marzo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Praza do Teucro e Montero Ríos pecharán nos próximos días para rodar a serie "Un asunto privado"
Por Redacción |
-
Bambú Producciones comezará esta semana a gravación en Pontevedra da serie para Amazon 'Un asunto privado'
Por Redacción |
-
Pontevedra prepara un amplo dispositivo para acoller a rodaxe da serie "Un asunto privado"
Por Alejandro Espiño |
-
‘Pontevedra, cuna de Colón’, a primeira película polícroma rodada en España, recupera a súa cor
Por Redacción |
-
A Pontevedra Film Commission crea unha plataforma online para amosar o talento audiovisual galego
Por Redacción |
-
A 'Nación' de Margarita Ledo retoma a súa rodaxe en Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |