Culturgal 2020 abre o prazo para propoñer actividades para o seu programa oficial
Por Redacción
A décimo terceira edición de Culturgal celebrarase en Pontevedra entre o 27 e 29 de novembro baixo o lema "En caso de emerxencia, cultura". Os organizadores acaban de abrir un proceso de selección para o programa de actividades do 2020.
Con aforo reducido, venda de entradas anticipada e horario individualizado, Culturgal reformula tamén a súa programación en relación con edicións anteriores. Reducirá o número de actos e dará prioridade aos formatos showcase para poder acoller un mallor número de propostas.
Ata o 6 de novembro empresas, axentes culturais e creadores poderán enviar as súas propostas para participar no proceso de selección a través da plataforma Cultur.gal.
Entre as suxerencias, os organizadores dan cabida a todo tipo de proxectos empresariais ou creativos relacionados con calquera disciplina ou actividade do sector como libros, música, artes escénicas, arte contemporánea, tecnoloxía, espectáculos infantís, etc. Que teñan participación galega é o único requisito, aínda que terán prioridade as estreas e as novidades.
Relacionadas:
-
O Concello de Pontevedra apoia o novo formato de Culturgal
Por Redacción |
-
Culturgal 2020, sen casetas pola covid-19: haberá actividades en cinco escenarios e tres canles en streaming
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra crea un bono para que oito empresas da cidade teñan un stand de balde en Culturgal
Por María José Pita |
-
Culturgal 2020 abre o prazo de solicitude de casetas para estar no Pazo da Cultura entre o 27 e 29 de novembro
Por Redacción |
-
O 27 de novembro comezará Culturgal cunha mensaxe clara: "En caso de emerxencia, cultura"
Por Redacción |