O fotógrafo Nacho Alonso ensina en Belas Artes a retratar en escenarios cotiás
Por Redacción
Entre este luns e mércores, o fotógrafo vigués Nacho Alonso desenvolve un taller que leva por título 'Luz de ventá' na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra.
A proposta desta actividade, que coordina o profesor Ignacio Pérez-Jofre, é aprender a buscar solucións para realizar fotografías sen necesidade de flash ou de focos que iluminen a escena, facendo uso da luz natural que se atope nos espazos para facer retratos.
Alonso explica no Diario da Universidade de Vigo (DUVI) que o máis difícil para realizar un bo retrato é ser "un mesmo, ser valente e non ter medo ao erro".
Ademais, o fotógrafo quere que os participantes neste taller saiban enfrontarse a un retrato observando a escena e á persoa que sairá na imaxe, sen que haxa moito intervencionismo. Nacho Alonso realizou unha decena de exposicións durante as últimas décadas tanto individuais e colectivas buscando o diálogo entre as cuestións técnicas e as experiencias persoais