Milladoiro dará un concerto gratuíto na Azucreira de Portas
Por Redacción
O grupo de folk galego Milladoiro actuará o vindeiro domingo 29 de novembro ás 18 horas no auditorio da Azucreira de Portas, con motivo do 40 aniversario da publicación do seu disco 'A Galicia de Maeloc'.
As entradas para acudir ao concerto serán gratuítas. Polas restricións derivadas da covid-19, deberán retirarse ata completar o aforo nas oficinas do Concello de Portas ou reservando no teléfono 986 53 69 25.
Os asistentes deberán portar máscaras de protección individual en todo momento e usar o xel hidroalcólico que estará á súa disposición na entrada do auditorio.
Para unha mellor organización e control de aforo, el Concello de Portas recomenda que as reservas se fagan de xeito ordenado e anticipadamente para poder facilitar o traballo de organización e garantir en todo momento a seguridade sanitaria. O aforo será reducido.
Neste concerto, promovido por Turismo de Galicia e que conta coa colaboración directa do Concello de Portas, Milladoiro repasará as pezas máis emblemáticas do seu repertorio e tamén presentará as cancións do seu novo traballo discográfico: 'Atlántico'. Será hora e media do mellor folk galego e internacional.
'A Galicia de Maeloc' é un álbum composto por 13 temas e responde a un traballo no que por primeira vez na música galega se empregaban de xeito conxunto a gaita galega, a ocarina, a arpa, frautas e a zanfona, entre outros instrumentos. Para conmemorar esta efeméride, Milladoiro realizará unha xira de tan só 11 concertos, entre eles o de Portas.