'Nenas medrando' é o primeiro libro que edita Silvia García González, profesora da Facultade de Belas Artes. Un libro que se sae dos canons ao uso xa que se sostén na fotografía e a poesía. Poses ante unhas cámaras, silencios, incomodidades dun tránsito biolóxico, incomprensións do mundo adulto que inspiraron uns versos e viceversa, versos que se ilustraban a través desas fotografías.
Instantáneas que a súa autora viña coleccionando desde fai máis dunha década, explica en PontevedraViva Radio. Imaxes domésticas de nenas de múltiples nacionalidades que ademais serviran para unha exposición en Centro Galego de Arte Contemporánea e en bibliotecas da Universidade de Vigo.
A autora foi unha nena e adolescente moi pegada aos libros e o de escribir poesía tampouco foi unha novidade para ela; o que si evidenciou é madurez nesta escritura. Quen lea 'Nenas medrando' van atopar versos que falan sobre estereotipos de infancias felices, da propia feminidade, unha reflexión sobre o valor dun rastro material que deixaron persoas anónimas sobre as súas vidas. Un libro perfecto para a reflexión nun contexto, o actual, de sobreabundancia de imaxes impostadas, de selfies.
'Nenas medrando', editado por Chan da Pólvora, pódese atopar en Pontevedra en librerías como Metáfora ou Librería Paz. Non é un punto final, é o punto co que conclúe un capítulo, xa que a seguinte rolda na cabeza de Silvia García como apunta no Cara a cara.