José Benito García e Alex Vázquez-Palacios presentan "Pontevedra. Cuaderno de viaje"
Por Redacción
O espazo multidisciplinar Nemonon acollerá a presentación de Pontevedra. Cuaderno de viaje, o novo libro do escritor e investigador pontevedrés José Benito García. É unha obra que está ilustrador polo pintor Alex Vázquez-Palacios.
O acto, que se celebrará por partida dobre o mércores 18 e o xoves 19 ás oito da tarde, esta presentado polo arquitecto e divulgador cultural Mauro Lomba.
A obra é un percorrido, a modo de caderno de viaxe, polos lugares máis emblemáticos e representativos da cidade, como o faría un viaxeiro de outrora, plasmando nun pequeno caderno, coa súa pluma e o seu pincel todo o que chamase a súa atención e embriagase os seus sentidos.
O libro, que ten unhas 96 páxinas e un centenar de ilustracións, ofrecerá aos lectores unha viaxe atemporal percorrendo Pontevedra, contando a súa historia e as súas lendas e, ao mesmo tempo, recreándose en cada recuncho, saboreando cada instante e gozando da contorna.
Pontevedra. Cuaderno de viaje súmase aos libros anteriores de José Benito García como Templarios y mareantes en la gesta de Colón (2008), Habladme piedras (2013), Donde la salmuera, la Moureira y sus gentes (2017) e Negra y Misteriosa. La Pontevedra oculta (2018).
Vázquez Palacios, pola súa banda, é un artista vigués afincado en Pontevedra cunha ampla traxectoria expositiva en diferentes galerías, museos e centros culturais de España. Ademais, como ilustrador participou en diferentes proxectos con Carlos Casares, Paco Fernández Naval, Francisco Fernández del Riego, Xavier Alcalá, Darí Xohán Cabana ou Ramón Rozas.
Relacionadas:
-
José María Arceu e José Benito García presentan os seus novos libros no Edificio Castelao
Por Anxo Lourido |
-
O artista pontevedrés Tebo expón os seus 'Dispositivos' no Espazo Nemonon
Por Redacción |
-
O pontevedrés Guillermo Cerviño Porto adéntrase no terror psicolóxico coa novela "Miserable"
Por Redacción |