Ningunha investigación merece o premio Olimpio Arca 2020
Por Redacción
A terceira edición do Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca quedou deserto. O xurado considera que ningún dos traballos presentados este ano reúne a calidade adecuada para recibir o galardón.
Os integrantes do xurado reuníronse en dúas ocasións para adoptar unha decisión pero entenden que ningún dos documentos contén a excelencia académica e a calidade científica adecuadas ás esixencias deste prestixioso premio.
Os representantes do tribunal decidiron outorgar unha Mención Honorífica, sen dotación económica, a Manuel Pérez Mato polo seu traballo 'Noia a través dos Protocolos notariais. Auxe e caída dunha vila mariñeira no século XVI' ao considerar que se realizou un importante esforzo para reunir o material documental.
Este premio outórganse en memoria da figura de Olimpio Arca Caldas, mestre cuntiense que desempeñaba o seu traballo entre Cuntis e A Estrada. Dedicou gran parte do seu tempo á creación literaria e á investigación. O seu legado queda patente no Concello de Cuntis a través de documentos como o dedicado ao oficio da cantería.