Concerto do cantautor Leo Minax no Museo de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O cantante e compositor brasileiro Leo Minax será o encargado de abrir este domingo día 15 ás 19:30 horas na área de cristal do Sexto Edificio do Museo o ciclo titulado Domingos musicais no Sexto.
Os concertos celebraranse un domingo cada mes ás 17:30 horas.
Leo Minax publicou o seu novo traballo Stereo 13, no que colaboraron como co-autores de varios temas Jorge Drexler, Pablo Guerrero, Luis Pastor e Diego Vasallo, entre outros.
Autor e intérprete inquedo, Minax desenvolve dende hai moito o seu discurso musical, sempre esixente.
Leo iniciou recentemente a colaboración co grupo do pianista e compositor danés, Steen Rasmussen, co que acaba de publicar un disco Lo mejor de cada casa que proximamente tamén presentarán en España.