'Ons', a película de Alfonso Zarauza, xa pode verse nos cines comerciais de Pontevedra
Por Redacción
A película 'Ons' rodada na illa pertencente ao municipio de Bueu chega por fin ás salas comerciais de Pontevedra. A boa acollida que o filme dirixido por Alfonso Zarauza obtivo entre o público permite que actualmente se manteña na carteleira dos cinemas da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Ferrol; ademais de incorporarse aos de Ourense e Pontevedra.
Na capital do Lérez, a película xa fora estreada durante o Culturgal e desenvolvéronse dúas sesións no Teatro Principal de Pontevedra, a través do acordo da concellería de Cultura coa distribuidora desta produción rodada en lingua galega.
A longametraxe estreábase o 18 de decembro comercialmente e situouse como a segunda película máis vista nas salas de cinema en Galicia, só superada pola super produción ' Wonder Woman 1984' nas salas dos centros comerciais.
A película, coproducida con Portugal, é un drama emocional con toques de misterio. Interpretada por Melania Cruz, Anbtonio Durán 'Morris' e o actor pontevedrés Xúlio Abonjo conta a historia dun matrimonio en crise que decide pasar un período de tempo na Illa de Ons. Durante este proceso aparece unha muller con amnesia na praia que comeza a cambiar a perspectiva dos personaxes.
As sesións nos cinemas de Pontevedra son ás 18.00 e ás 20.00 horas. Tamén pode verse nos cinemas Avenida 3D no municipio de Caldas de Reis nunha sesión ás 20.30 horas.
Relacionadas:
-
"Ons" e "A illa das mentiras" encabezan as candidaturas aos Premios Mestre Mateo
Por Redacción |
-
"Ons" resiste na carteleira de Pontevedra tras superar os 5.000 espectadores en toda Galicia
Por Redacción |
-
"Ons" celebra en Pontevedra ser a segunda película máis vista nos cines galegos
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Teatro Principal acolle a estrea comercial da película 'Ons' de Alfonso Zarauza a vindeira semana
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Culturgal levanta o pano coa estrea de "Ons" nunha edición marcada pola pandemia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |