Daniel Casares Quartet ofrece un concerto de jazz no Espazo Nemonon
Por Redacción
O guitarrista coruñés Daniel Casares, graduado na Berklee College of Music con honras Summa Cum Laude, ofrecerá este venres 8 de xaneiro un concerto no Espazo Nemonon para un público selecto, vinte persoas, máxima capacidade permitida neste local por motivos de protocolo sanitario.
Daniel Casares, que tras tocar con algúns dos músicos de maior nivel no jazz actual estuda un máster de música en SOAS University of London, presentará á súa formación Quartet formada con Xan Campos ao piano; José Manuel Díaz Iglesias ao baixo e Chus Pazos na batería. Con eles interpretará material orixinal, standars de jazz clásico e pezas de improvisación libre.
O guitarrista ofrece un estilo con influencias básicas do jazz dos anos 50 e 60 pero con elementos procedentes do rock e do son máis moderno. Será a segunda ocasión na que ofrecerá un concerto acompañado por Xan Campos, despois dunha exitosa actuación en 2016 no Café Savoy, tamén en Pontevedra.
Actualmente, Campos está recoñecido como un dos pianistas máis creativos e recoñecidos na península. O cuarteto caracterízase por unha poderosa sección rítmica e con interpretacións solistas de alta calidade.
As entradas poderanse adquirir en Espazo Nemonon (Rúa Riestra, 11) a partir das 19.30 horas, media hora antes do concerto, ao prezo de 10 euros. Tamén será transmitido en directo a través de streaming.
Relacionadas:
-
RADIO.- O Espazo Nemonon conclúe a súa traxectoria en Villa Pilar e traslada a actividade cultural ao centro histórico
Por Marisa Ciordia |
-
O Espazo Nemonon acolle este xoves a presentación do libro dedicado a Alejandro Viana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Luís Rei descobre a súa faceta artística coa exposición 'Letra pequena' no Espazo Nemonon
Por Redacción |