Domingos do Principal sube o pano con "Úniko", da compañía vasca Teatro Paraíso
Por Alejandro Espiño
Os celos pola chegada dun novo irmán é o tema que aborda a obra Úniko, da compañía vasca Teatro Paraíso. É o espectáculo que abrirá este domingo 17 de xaneiro unha nova edición do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal.
Úniko mestura as técnicas do monicreque e do teatro máis realista para, sen abandonar o sentido do humor, abordar o espiñento tema dos celos entre irmáns.
Nela, os actores Tomás Fernández Alonso, Ainara Unanue e Maite Bayón, que recibiu en 2020 o premio FETEN á mellor actriz por esta función, preséntannos a historia de Paul, un neno que é fillo único e que sente o rei da casa.
Pero o nacemento da súa irmá Irati provocará que un medo íntimo a deixar de ser querido apodérese del ameazando a estabilidade familiar.
A obra, que está recomendada para público a partir de seis anos, representarase como é habitual en sesión dobre, ás 12:00 e ás 18:30 horas. O aforo será restrinxido por la covid-19.
Para ambas as sesións aínda quedan entradas á venda, a un prezo de 4 euros, a través de Ataquilla.com. En caso de non esgotarse poderán comprarse no despacho de billetes do Principal ata unha hora antes do inicio da función.
Relacionadas:
-
Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Elefante Elegante trae a Pontevedra a súa "danza da choiva" para animar Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Pasar unha boa tarde de domingo e, de paso, reflexionar todos xuntos
Por Cristina Saiz |
-
Ponteatro, ao rescate do sector cultural con tres funcións 'extra' entre febreiro e maio
Por Alejandro Espiño |
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |