'Viaje a la Luna', montaxe da directora pontevedresa Marta Pazos sobre a poética visual de Lorca
Por Redacción
A directora pontevedresa Marta Pazos estreará o 3 de febreiro no Teatre Lliure de Gràcia a primeira adaptación escénica que se realiza do único guión de cinema que escribía Federico García Lorca.
Trátase de 'Viaje a la Luna' e este texto permaneceu oculto durante décadas. Foi creado como unha réplica á película 'El perro andaluz' do cineasta Buñuel coa colaboración de Salvador Dalí. este guión de Lorca recolle 72 secuencias que nunca chegaron a rodarse.
Marta Pazos realiza unha proposta contemporánea deste guión e a montaxe preséntase sen palabras empregando o imaxinario vangardista do autor de Granada. A obra, segundo a directora, conecta co "interior e o mundo persoal de Lorca nun momento en que, chegado a Nova York, rodeado de novos estímulos e influencias vangardistas, trata de reinventarse".
Ademais, Pazos relaciona a época en que Lorca escribía o guión fílmico, durante o crac do 29, e a situación actual provocada pola pandemia mundial. O equipo de traballo desta montaxe é alumnado graduado do Institut del Teatre e está coproducido por Teatre Lliure e o Institut de Teatre da Diputació de Barcelona.
"Poder traballar con este equipo foi marabilloso. Non só pola súa preparación ou rigor técnico, que son artistas moi completos, senón pola súa implicación e propostas. Esta montaxe foi unha aprendizaxe persoal e artística enorme para min", afirma a directora da compañía Voadora.
Relacionadas:
-
Marta Pazos inaugura a instalación 'Matria' na Cuadrienal de Praga
Por Redacción |
-
#NiUnaMenos e #FakeNews no 'Othello' de Shakespeare que Voadora presenta no Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido |
-
Marta Pazos dirixe a nova produción do CDG, 'Ás oito da tarde cando morren as nais'
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Marta Pazos devolve ás táboas "Comedia sen título", de Lorca
Por Redacción |