O taller audiovisual amateur Pontevedra Rodando regresa en versión online a partir do 15 de febreiro
O taller audiovisual amateur Pontevedra Rodando, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo e a Pontevedra Film Comission en colaboración coa produtora Volvemos a Primera, desenvolverá a súa 4ª edición de forma totalmente online dende o 15 de febreiro ao 7 de marzo.
Neste obradoiro poderanse adquirir coñecementos sobre as diferentes fases do proceso creativo e técnico necesarias para producir unha peza audiovisual. O prazo de incrición estará aberto entre os días 4 e 14 de febreiro e terá un límite de 24 prazas (12 en horario de mañá e 12 en horario de tarde). Este taller achegará ao alumnado ao mundo da creación audiovisual adaptada a tempos de pandemia. A inicitiativa estará coordinada polo realizador Pablo Cacheda, que xunto aos estudantes, realizarán unha pequena peza audiovisual que será presentada uns meses despois da finalización do curso. Para realizar o curso, será necesario contar con Zoom e dispoñer dun dispositivo de gravación (pode ser unha cámara ou un móbil).
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, convida a "tódolos pontevedreses que teñan a "espiniña" de converterse en productores e realizadores de cinema a participar neste taller que, ademais de resultar completamente de balde, potenciará a imaxinación e as inquietudes audiovisuais".
Tal e como indica a edil socilista aínda que o curso é de balde, será necesario reservar praza antes do 14 de febreiro a través do email volvemosaprimeraproducciones@gmail.com, indicando: nome e apelidos, DNI, teléfono e email de contacto. Tamén se deberá indicar que horario se prefire, xa que se establecen dúas quendas: martes e xoves de 10:00 a 14:00 ou de 20:00 a 22:00 horas.
As clases quedarán gravadas e dispoñibles para os alumnos, polo que será posible acceder a elas posteriormente no caso de que fallen as conexións. Terán preferencia á hora de inscribirse no curso aqueles que non participaran en anteriores edicións. "En caso de que non se completen as prazas, serán anotados os antigos alumnos por orde de chegada de solicitude ao email", explica Yoya Blanco.
Poden obter máis información sobre o obradoiro no seguinte enlace:
Relacionadas:
-
Pontevedra Rodando estreará dúas pezas audiovisuais tras a súa edición online
Por Redacción |
-
Aprender a montarse películas con "Pontevedra rodando"
Por Redacción |
-
Pontevedra recoñece os mellores proxectos impulsados pola mocidade da provincia
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
'Fai a túa propia curta', da man de Pablo Cacheda
Por Alejandro Espiño |