Así locen a Praza da Leña e o Museo da cidade "cool" en 'Un país para escucharlo' con Ariel Rot e Víctor Coyote
Por Redacción
O programa 'Un país para escucharlo' de Televisión Española percorreu Galicia da man do músico Ariel Rot e, durante a viaxe por diversas localidades, Pontevedra convértese en protagonista do peche deste episodio, a partir do minuto 48.
O ex líder de Tequila e o músico, deseñador gráfico, pintor e escritor Víctor Coyote achéganse á capital do Lérez cunha visita á Praza da Leña e ao Museo de Pontevedra.
Durante a súa conversación, Coyote fala da importancia da cidade do Lérez e ambos os artistas apuntan ao exemplo que supón Pontevedra como espazo "cool" e peonil. Víctor Coyote sinala que pasou de "cidade rancia de provincias a cidade friendly" e destaca a relevancia da Facultade de Belas Artes como motor que deu "bo ambiente e bo rollo" a Pontevedra creando "vidilla underground e de deseño cómic e de música".
Os dous músicos entrevistan, a continuación, ao cantante de Immaculate Fools, banda de moito éxito na década dos oitenta en España, no edificio Castelao do Museo con vistas ao centro histórico. Kevin Weatherill relata por que quedou en Galicia despois dunha xira ao coñecer a Virginia, a súa muller, coa que estableceu a súa residencia nas Rías Baixas. Afirma que en "Galicia é libre" e asegura que esta terra se achega e aprende de culturas distantes.
A continuación, o músico de orixe británica interpreta no Espazo Ultramar do Museo co propio Ariel Rot e con Paco Charlín un dos grandes éxitos, que precisamente levaba o nome da banda 'Immaculate Fools'.