Instagram tamén conmemorará o día do nacemento de Rosalía
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que xestiona Alberto Oubiña, súmase á celebración do Día de Rosalía cunha acción a través da rede social Instagram para conmemorar o día do nacemento da autora.
O Servizo de Normalización Lingüística lanzou unha iniciativa para encher as storys de Instagram cos seus versos este mércores 24. Entre todos os participantes desta iniciativa realizarase un sorteo de 5 libros de 'Cantares Gallegos', e a story de Instagram máis orixinal será premiada cun lote de libros da autora.
Para participar é preciso seguir a conta @alingualatexa, subir unha story cun texto, poema ou verso de Rosalía de Castro e etiquetar a dúas persoas para estender a iniciativa. A story máis orixinal e as persoas gañadoras do sorteo serán anunciadas o 3 de marzo a través de esta conta.
Segundo o Concello de Pontevedra, a través de esta iniciativa preténdese vincular esta celebración coas novas canles de comunicación social e ao tempo, adaptala ás circunstancias derivadas da situación sanitaria actual.
Relacionadas:
-
"Ser Rosalía é ollar cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Caldas de Reis quere contaxiar a vitalidade dos Cantares de Rosalía
Por Redacción |
-
A UVigo celebrará o Día de Rosalía en formato virtual e aberto
Por Redacción |
-
A Deputación anuncia as actividades ao redor do Día de Rosalía
Por Redacción |