O Espazo Nemonon ofrece esta tarde un concerto acústico de blues, reggae e rumba
Por Redacción
Un artista pontevedrés e outro venezolano se aúnan esta tarde no Espazo Nemonon de Pontevedra. Ambos ofrecerán a partir das 19.00 horas un concerto acústico de blues, reggae e rumba. O aforo está limitado e desenvolverase seguindo o protocolo sanitario correspondente.
David Otero é pontevedrés e artista multidisciplinar. Comezou coa escritura aos once anos, concretamente con poesía; posteriormente na súa etapa universitaria en Madrid penétrase nos relatos de terror e no xénero erótico; do que publica 'O doce de marmelo'. Dedícase igualmente á fotografía e a música blues.
O venezolano Carlos Gutiérrez González estudou desde mozo en varias escolas de música do seu país con mestres como Eduardo Serrano ou Pedro Andrés Pérez. Na Escola de Música Ars Nova de Caracas - cuxa base é a prestixiosa escola de Berkley USA - penétrase no jazz, ampliando os seus coñecementos de guitarra moderna. Na Illa de Margarita estuda Canto e Vocalización co famoso Profesor de Canto Lírico Isidro Espinetti na Escola de música Modesta Bor. Tivo agrupacións propias e compartido escenario con artistas como Shakira ou Carlos Vives.
O prezo das entradas é de 5 euros e poderán adquirirse anticipadamente a partir das 18.30 horas no propio Espazo Nemonon na rúa Riestra, 11.
Relacionadas:
-
Experimentación, abstracción e natureza na exposición de Luisa Valdés
Por Redacción |
-
As novas restricións en Pontevedra: que podo facer a partir deste venres?
Por Alejandro Espiño |
-
As propostas máis contemporáneas da artesanía galega, a exposición en Pontevedra
Por Redacción |
-
Catro estudantes de Belas Artes participan coa "Aula Aberta" na exposición do CGAC
Por Isabel Feijóo Gallardo |