Domingos do Principal internacionalízase con "Semente", da compañía portuguesa Ajidanha
Por Redacción
Semente - O homem que plantava árvores é a aposta do ciclo Domingos do Principal para este próximo domingo 14 de marzo. Este espectáculo, da compañía portuguesa Ajidanha, poderá verse no Teatro Principal en sesión dobre, ás 12:00 e ás 18:30 horas.
A partir da obra de Jean Giono, O homem que plantava árvores é unha historia sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo.
Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial e que, usando só os seus propios medios, consegue reforestar só una das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.
Este espectáculo de actor está a recomendar para público a partir de 8 anos.
As entradas para asistir á representación están á venda en Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
Os monicreques de Contacreques poñen fin á tempada de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz |
-
O humor de 'Cartoóns' alegra a xornada en Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O público pontevedrés non deixa só a Robinson Crusoe no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
Unha xornada de Domingos do Principal para 'sementar' o amor polo teatro
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |