Un vídeo para homenaxear á vila do Grove
Por Redacción
Persoal da Rede de Bibliotecas do Grove publicou na canle de Youtube o último día de marzo un vídeo para homenaxear ao municipio do Grove. Desde o Concello tamén quixeron difundir esta obra elaborada coa participación de integrantes do club de lectura da biblioteca.
Este vídeo mostra manifestacións culturais, acompañadas por imaxes históricas pertencentes ao arquivo fotográfico do Concello. Os participantes do club de lectura son as persoas encargadas de poñer voz a un dos artigos xornalísticos do escritor e xornalista Manuel Lueiro Rey, que leva por título 'O Grove'. Unha obra que se recolle no libro 'O Grove, canción do sal e do vento'. A música corre a cargo do grupo local Os Firrás.
Con esta proposta, desde a Rede de Bibliotecas do Grove quérese mostrar a riqueza cultural do municipio nas súas diversas variantes.