TNT Band publica 'Compañero', o seu segundo traballo discográfico

Por Redacción
Iñaki Fernández, Manu Esperón, Carlos Galbán e Sergio di Natale son novos e defensores do rock. Os catro forman TNT Band, o grupo de Vilagarcía, que este venres presentaba o seu segundo traballo discográfico, que leva por título 'Compañero'.
Nesta ocasión, a presentación realizábase no Concello de Vilagarcía e a banda anunciaba que este novo proxecto conta cun son máis elaborado e con maior variedade de estilos e letras máis complexas e comprometidas.
Ao longo deste ano, a agrupación foi avanzando catro temas dun álbum con oito cancións, entre as que destacan 'Carroñeras' ou o himno para a Festa da Auga de Vilagarcía, que leva por título 'San Roque'.
O disco conta con colaboracións como a de Roi Xesteira, de Treboada, en 'Glaciar' ou a voz inconfundible do músico punk galego Leo i Arremecaghona no tema 'Mal educado'.
A partir deste venres, os temas pódense escoitar en todas as plataformas e quen queira adquirilo en versión CD pode solicitalo a través das redes sociais do grupo ou compralo nos seus programas. A banda cumpre xa catro anos de existencia e conta con 20 temas publicados durante os últimos anos con seis vídeo clips.