Volven os Concertos en familia: contos, música e ópera para os máis pequenos da casa
Por Alejandro Espiño
Volven os Concertos en familia. Trátase dun dos ciclos máis esperados da programación cultural de outono en Pontevedra. Chegan á súa cuarta edición. O principal obxectivo destes concertos será, unha vez máis, "achegar a música clásica aos nenos desde que son pequenos, que se acostumen a ela e que sexa un complemento máis da súa formación", segundo sinalou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
Organízanse en colaboración coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. O seu director, Nacho García, destacou que estes concertos "son los más complejos que tenemos cada año por el público que tienen". Asegura que é complicado manter a atención de nenos de 4 a 6 anos durante os 45 minutos que dura cada actuación "y además no tienen vergüenza en mostrar su disconformidad si no les gusta".
A programación de Concertos en familia é a seguinte:
13 de outubro (18.30 horas, Teatro Principal): Cyrano
Baseada no drama Cyrano de Bergerac, de Edmon Rostand, en clave de humor e tenrura presenta a historia dun home que ten un enorme nariz e que está namorado da súa prima Roxana. Non se atreve a confesarllo porque se sente moi feo. Roxana ten outro pretendente, un mozo aposto e moi tímido chamado Christian. Cyrano axudará a este a declararlle o seu amor a Roxana, pero ela descubrirá que é Cyrano de quen está namorada.
20 de outubro (18.30 horas, Pazo d Cultura): Il Cirque d'Amore
Micaela é unha muller barbuda que traballa nun circo. ÿ a encargada de facer todos os traballos: limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas, baila para que o público ríase de ela... Un día decide escaparse do circo e coñece a Fígaro, un barbero tolo que fará que Micaela recupere a confianza en si mesma. Pero, conseguirá ser feliz?
27 de outubro (11.00, 12.30 e 18.30 horas, Pazo da Cultura): Concerto para bebés
Nacho García explicou que en Cyrano a Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra interpretará música de autores coñecidos como Bartok e o actor Alfonso Rivera acompañaralles sobre o escenario. Pola súa banda, en Il Cirque d'Amore actuará con eles Butterfly Ensemble, con quen interpretarán diferentes arias e óperas coñecidas como O barbero de Sevilla ou Don Giovanni.
Ambos concertos contan cunha rechamante posta en escena e excéntricos personaxes, dous elementos que axudan, segundo o director da Filharmónica, a que o espectáculo sexa dinámico e atractivo para o público familiar ao que están dirixidos. "Las obras no están hechas para niños, pero están adaptadas a ellos buscando historias que llamen su atención".
O último concerto do ciclo busca continuar a exitosa experiencia do Festival das Núbebes, segundo Anxos Riveiro. Os bebés, xunto cun acompañante, subiranse ao escenario do Pazo da Cultura para gozar dun espectacúlo dirixido polo músico portugués Paulo Lameiro "que recrea un ambiente moi especial". Neste caso, o aforo será limitado e só poderán participar 70 bebés en cada unha das tres sesións que se programaron.
As entradas para estes tres espectáculos xa están á venda en www.servinova.es. Teñen un prezo de cinco euros (tres para nenos, estudantes e parados), salvo o concerto para bebés que custará doce euros, un prezo que inclúe a un bebé e a un acompañante.
Relacionadas:
-
Festivaleiros dende o berce: As Núbebes xa están en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os máis pequenos gozan da ópera no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
A ópera "I'l cirque d'amore", este domingo nos Concertos en Familia
Por Redacción |
-
As tardes de 'Concertos en familia' volveron ao Principal cun conto musicado
Por Redacción & Diego Torrado |
-
"Cyrano" inaugura este domingo no Teatro Principal o ciclo Concertos en familia
Por Redacción |