Falamos de cinema... en galego
Por Redacción
O programa Falamos e o Cineclube Pontevedra poñen en marcha durante este mes de maio a proxección de tres películas, cun faladoiro posterior, coa intención de promover espazos para socializar en lingua galega, relacionados con temáticas de cinema.
Desde o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo desenvolven este programa denominado Falamos para incentivar o uso do galego entre a comunidade universitaria en diferentes situacións.
A través de tres sesións gratuítas poderase gozar de tres filmes no Teatro Principal ás 20.00 horas.
- Xoves 13. 'Dorothé na Vila', de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, película galega sobre a musicóloga suíza Dorothé Schubarth cando chegou a Galicia a finais da década dos 70. O público deberá inscribirse antes do domingo 9 de maio.
- Mércores 19. 'As nosas derrotas', de Jean-Gabriel Périot, un filme francés no que se analiza o valor da revolución e do movemento sindical a través dun xogo de reinterpretación entre estudantes de scundaria. Inscricións previas ata o xoves 13 de maio.
- Mércores 26. 'Vikingland', de Xurxo Chirro. Documental sobre a emigración galega no Norte de Europa. Narra a viaxe de mariñeiros galegos nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt. É preciso inscribirse antes do xoves 20 de maio.
As sesións están abertas ao público xeral, previa inscrición a través do correo electrónico falamos@pontevedra.gal e no caso de que non haxa resposta 24 horas antes, tamén se habilita o teléfono 646.908.177.
Relacionadas:
-
'Cinema e Estrelas' levará a sétima arte á praza da Pedreira
Por Redacción |
-
O Cineclube pecha tempada con Ingmar Bergman e dúas películas de Éric Rohmer
Por Redacción |
-
A Filmoteca de Galicia chega a Pontevedra coa súa programación estendida
Por Redacción |
-
171 persoas interesadas na lingua galega participarán no programa Falamos
Por Redacción |
-
O campus de Pontevedra apúntase ao galego co programa Falamos
Por Mónica Patxot & Redacción |