Anuncian os concertos de Omar Montes, Ana Mena e Sebastian Yatra en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O 10 de xullo será o concerto de Sebastián Yatra na praza do Mar de Sanxenxo e ao día seguinte a cita será dobre neste mesmo escenario con Omar Montes e Ana Mena. Estas citas están incluidas no ciclo Os Sons do Mar que se desenvolverá na contorna do porto deportivo Juan Carlos I.
Este mércores 5 de maio saen á venda as entradas para o concerto de Ana Mena e Omar Montes por un prezo de lanzamento de 20 euros a través da plataforma de venda de entradas Enterticket.es.
Desde a organización puntualízase que o aforo destes concertos será reducido pero aínda non se aclaran todos os detalles sobre as medidas de seguridade que se adoptarán con motivo da pandemia do coronavirus.
Desde Enterticket sinalan que chegada a data de realización do concerto tomaranse por parte dos promotores e do recinto as medidas de seguridade impostas en cada momento polas autoridades competentes para evitar poñer en risco a saúde e seguridade do público asistente. Todas as medidas que vaian ser implementadas serán previamente comunicadas ao comprador polas redes sociais de Os Sons do Mar, pola empresa de venda de entradas, como na web do propio artista, "con todo de calquera das maneiras será un lugar seguro anti Covid-19", subliñan.
Os menores de 15 anos deberán acceder acompañados dun adulto responsable e presentar a autorización asinada xunto coa entrada. Os menores de 15 a 17 anos poderán acceder sós ao recinto pero deberán presentar a autorización asinada xunto coa entrada.
ARTISTAS
O madrileño Omar Montes e a malagueña Ana Mena son dous dos fenómenos musicais do momento que brindarán un exclusivo concerto conxunto no cal se poderán escoitar os éxitos do momento de ambos os cantantes.
Omar Montes, nacido no coñecido barrio de Carabanchel se dió a coñecer principalmente nos reality shows da televisión en España. Na súa carreira musical ha alcanzado grandes éxitos da man das súas hits "Alocao" "Prendío" "Pegamos tela" o "Como el agua" este último en colaboración coa malagueña Ana Mena, coa cal publicou un novo éxito chamado "Solo" xunto ao tamén coñecido cantante Dominicano Maffio.
Ana Mena, nacida en Estepona, conta cunha longa carreira musical a pesar da súa mocidade. Participou en numerosos concursos así como protagonizado numerosos filmes españois, sendo unha das poucas privilexiadas en ser unha "moza almodovar". Entre os seus éxitos destacan cancións como "A un paso de la luna" "Ya es hora" "Se iluminaba" así como "Como el agua" e "Solo" compartindo estes dous últimos con Omar Montes.
O compositor e cantante colombiano Sebastián Yatra é outro referente da música urbana do momento que durante a súa carreira musical foi nomeado en múltiples ocasións nos premios Latin Grammy. Tamén conseguiu o recoñecemento internacional con varios Discos de Diamante en España.