O prazo de inscrición para o novo curso no Conservatorio de Vilagarcía abre o 12 de maio
Por Redacción
O próximo mércores 12 de maio abrirá o prazo de inscrición para as probas de acceso do curso 2021-2022 no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía. Este ano ofrecerán 32 prazas, 15 no grao Elemental e 17 no Profesional, repartidas en 12 especialidades instrumentais dieferentes.
No grao Profesional ofertan 4 prazas na especialidade de piano, 3 na de violín, 2 en clarinete, 2 en frauta, 2 en guitarra, 1 en gaita, 1 en percusión, 1 trombón e 1 en trompeta. No grao Elemental serán 15 prazas: 3 frauta, 3 piano, 2 violín e unha praza en cada unha destas especialidades: guitarra, saxo, trombón, trompa, trompeta e vilonchelo.
A matrícula para as probas de acceso aos grao Elemental e Profesional vai do 12 ao 21 de maio, e as probas realizaranse na primeira quincena de xuño. Para o Elemental serán entre o 14 e 15 e para o Profesional entre o 7 e o 10.
As persoas inscritas na proba recibirán información por correo electrónico do desenvolvemento da mesma, que tamén poderán consultar na páxina web do conservatorio.