
© Concello de Cerdedo-Cotobade
O alumnado de Cerdedo-Cotobade homenaxeará a Xela Arias con lendas e historias do municipio

Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade homenaxeará á escritora Xela Arias cunha actividade escolar colaborativa de recollida sonora de lendas e historias do municipio con motivo do Día das Letras Galegas.
Baixo o título "Contos ao teléfono Xela Arias", o alumnado dos centros educativos de infantil e primaria poderán enviar uns audios que realicen dos relatos que lle contaron os seus avós ou que coñezan de telos escoitado na casa.
Para promover a participación, o Concello agasallará aos estudantes que participen enviando os audios ata o 31 de maio, data límite. Serán publicados nun podcast para que os coñeza toda a veciñanza.
Con esta actividade tamén pretenden xerar unha interacción interxeracional entre netos e avós en torno á celebración do Día das Letras Galegas e servirá tamén de canle para homenaxear a figura da escritora Xela Arias.
Relacionadas:
-
Os nenos de Cerdedo-Cotobade recompilan 59 lendas, historias, ditos e refráns do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- De Rosalía de Castro a Xela Arias nun especial de 'A Playlist' coas Letras Galegas
Por Redacción |
-
Sanxenxo percorrerá a obra de Xela Arias no acto central das Letras Galegas
Por Redacción |
-
Poemas de Xela Arias nos bancos da Alameda de Marín
Por Redacción |
-
'Aquela nena de Sarria', unha oportunidade para coñecer a Xela Arias na sede da Xunta en Pontevedra
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade inaugura unha "Sala Castelao" e pon unha edición facsimilar da súa obra ao dispor dos colexios
Por Redacción |