Marín, capital europea da danza durante a primeira quincena de agosto
Por Redacción
Marín será a capital europea da danza entre o 1 e o 15 de agosto. O Concello, xunto co centro integral de desenvolvemento do Ballet de Galicia, organizará este gran evento cultural, artístico e formativo no que participarán coreógrafos de diferentes partes do mundo. O obxectivo é realizar a gala final nun enclave que permita utilizar a paisaxe de Marín como escenografía.
Durante a presentación, realizada este venres, o director da obra, Diego Landín; a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira Itziar Álvarez explicaron que o evento contará con diferentes pezas: unha formación intensiva, cun proxecto coreográfico asociado, unha gala final ao aire libre e diversas masterclass ao longo dos quince días e un innovador workshop de fotografía de danza, apoiado en exposicións por todo o municipio.
Por unha banda, Ballet Summer Intensive será un curso intensivo de verán no que nenos e nenas procedentes de diferentes partes de Europa poderán vir a Marín para tomar clase coas primeiras figuras do mundo da danza clásica e contemporánea.
Adestrarán nas instalacións do SEI San Narciso, a actual sede do Ballet de Galicia e a que están a piques de abrir e os diferentes emprazamentos públicos do Concello, como a Finca de Briz. Paralelamente, ofertarán masterclass para o alumnado con "estrelas de primeiro nivel”.
Para apoiar este labor de formación, virán coreógrafos de diversas partes do mundo. Filipe Portugal (Portugal), coreógrafo do Ballet de Zürich; Kirill Radev (Rusia), coreógrafo en KoRPo Dance Project; Brent Parolin (Canadá), coreógrafo da Ballet am Rhein, e Craig Davison (Australia), coreógrafo da Ballet Idaho, serán os encargados de traballar cos bailaríns nos proxectos que serán mostrados a todo o público o 15 de agosto.
O resto de días haberá actuacións pola vila e convidarán outras agrupacións como Et Susei Danza.
Outro dos pratos fortes é un workshop de fotografía de danza impartido polo fotógrafo mexicano Carlos Quezada, embaixador de marcas como Nikon e Protofo e coñecido internacioalmente. O obradoiro estará dividido en dous bloques: a primeira semana para hispanohablantes e a segunda, que se realizará en inglés, para todas as demáis consultas participantes.
A maiores, tanto o Museo Manuel Torres como noutros puntos da vila, haberá diferentes exposicións fotográficas.
Estarán abertas dende este venres a través dos emails balletdegalicia@gmail.com ou danzafestivalinternacional@gmail.com. En total ofertarán 60 prazas para a formación de danza divididas en 3 grupos de 20 participantes cada un. Para workshop de fotografía, haberá 24 prazas, 12 en cada semana. Poderán anotarse nenos e nenas a partir de 11 anos.
Con motivo da situación sanitaria, dende a organización explicaron que os participantes deberán acudir cunha PCR negativa de máximo 48 horas de antigüidade.